Velaiquí o famoso Reaggae dos marinheiros, unha fermosísima cancion de Lamatumbá. Agardo que a disfrutedes. Saúdos a Iván Osorio que foi quen me pideu que a publicara aquí. F Está o campo sombrío C na mañanciña Dm co traballo facemos A# a luz do día F C co traballo traemos F C a luz do día. Baixo esta noite está o mar baleiro coa suor o enchemos os mariñeiros coa suor o enchemos os mariñeiros. Teño as redes cheas e as mans vacías as redes son do seu dono e as mans son miñas as redes son do seu dono mais as mans son miñas. Cando será a terra para os seus fillos súas a barca e as redes e o mar seu amigo súas a barca e as redes e o mar seu amigo. Iso é todo. Tódalas estrofas son iguais. Escoitádea ben para coller o rasgueo e xa a teredes. Se non sabedes algún acordiño o de sempre, ide ó glosario de acordes desta mesma web. Lume!!! escornador@hotmail.com