Cifras para Violão e Guitarra » L »Luis emilio batallan » Camiño Longo (Tab)

Camiño Longo
Luis emilio batallan

Letras, cifras e tablaturas para violão, guitarra, piano, ukulele e baixo


Letra de Camiño Longo
Camiño, camiño longo,
camiño da miña vida,
escuro e triste de noite,
triste e escuro de día...
¡camiño longo
da miña vida !
Vereda, vereda torta
en duras laxes aberta,
arrodeada de toxos,
crebada polas lameiras...
¡vereda torta,
ti onde acabas!
Vereda, vereda fonda
de fontes tristes, sen auga;
sen carballos que dean sombra,
nin chouzas que dean pousada..
¡vereda fonda,
ti cando acabas!
Camiño, camiño longo.
A choiva, a neve e as silvas
enchéronme de friaxe,
cubríronme de feridas...
Camiño longo,
da miña vida,
¡camiño longo
da miña vida !
¡camiño loooongo!




[Camiño Longo acordes][Camiño Longo chords]
© LaCuerda.net · notícia legal · privacidade · es · en · pt · contato
DINAMICO